Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

O vicepresidente da Xunta asiste á festividade da patroa da Garda Civil na Coruña

A Coruña, 12 de outubro de 2019.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou nos actos do día da Patroa da Garda Civil, a Virxe do Pilar, celebrados hoxe na Comandancia da Garda Civil da Coruña. Tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro.