Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio no concello de Touro

No que vai de ano, un total de 73 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019. Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes forestais, veñen de esclarecer a autoría dun incendio forestal no concello de Touro.

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito III de Santiago-Meseta Interior, procederon á investigación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 10 de outubro, no lugar de Loxo, no concello de Touro, que afectou a unha superficie rasa de 0,067 hectáreas.

O lume orixinouse cando o investigado queimaba restos forestais amoreados.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda do concello coruñés de Arzúa.

No que vai de ano, un total de 73 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.