Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta participa na entrega dos premios do certame de fotografía Ruth Matilda Anderson sobre perspectiva de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na entrega dos premios onde indicou a relevancia deste galardón que premia a visibilización do labor das mulleres e a deconstrucción de estereotipos de xénero

A USC convoca este Certame que conmemora a figura da fotógrafa norteamericana, quen realizou varias viaxes a Galicia das que deixou testemuño a través das súas imaxes, retratando o mundo rural galego con ollos de muller

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na entrega dos premios Ruth Matilda Anderson e da X Edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero, onde indicou a relevancia deste galardón que premia a visibilización do labor das mulleres e a deconstrucción de estereotipos de xénero

A USC convoca este Certame que conmemora a figura da fotógrafa norteamericana, quen realizou varias viaxes a Galicia das que deixou testemuño a través das súas imaxes, centrándose no retrato das actividades cotiás dos anos 20.

Por medio deste galardón, a USC tenta promover a igualdade dentro e fóra da comunidade universitaria, sacando á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e que historicamente veuse invisibilizando e deconstruíndo na medida do posible os estereotipos de xénero acerca dos traballos que son propios de mulleres e os que o son de homes, e motivar a facer unha selección da carreira profesional dun modo máis libre e vocacional.

Finalmente a secretaria xeral da Igualdade indicou a relevancia de Ruth Matilda Anderson como pioneira americana que soubo entender, retratar, visibilizar e admirar ás nosas mulleres galegas, retratando o mundo rural galego con ollos de muller. Así como a necesidade de recoñecer, visibilizar e poñer en valor o legado da coraxe, sabedoría e independencia que nos entregaron as mulleres como ela. Tendo ademais a responsabilidade de transmitir esta herdanza ás novas xeracións de homes e mulleres.