Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta e o Concello de Crecente colaboran na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público en varios núcleos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o municipio

Crecente (Pontevedra), 31 de outubro de 2019. A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Crecente, xunto co alcalde do municipio, Julio César García-Luengo. A Xunta e o concello colaboran na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público en varios núcleos de Crecente.

Mediante a instalación de lámpadas de tecnoloxía LED en substitución das actuais de vapor de mercurio prevese acadar un aforro enerxético e ambiental nos núcleos de Coedros, Serra e Cazapal. A Xunta e o Concello de Crecente tamén cooperan en actuacións para mellorar o acceso en varios núcleos. Ademais, na Asociación Cultural Amistade instalarase a carpintería exterior do edificio que acollerá o local social da organización.

Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e son a administración máis próxima á cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.