Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

Marisol Díaz Mouteira mantén un encontro institucional co novo xeral xefe da Brilat 'Galicia VII'

Ourense, 7 de novembro de 2017.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo esta mañá no seu despacho un encontro institucional co novo xeral xefe da Brilat ‘Galicia VII’, Luis Cortés Delgado, que acudiu acompañado co subdelegado de Defensa na provincia, Gustavo Doncel. Cortés Delgado tomou posesión recentemente do cargo relevando a Antonio Romeo Losada.

Na xuntanza, Díaz Mouteira agradeceulle ao novo responsable da Brilat en Galicia a colaboración desta brigada militar nas campañas de prevención e extinción de incendios forestais da nosa Comunidade e expresoulle os seus desexos de que esta cooperación continúe a ser estreita e eficaz no futuro.