Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Oficina de Atención ás Vítimas de Ferrol refórzase coa incorporación dunha traballadora social

O obxectivo é prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, consolidando o modelo de atención actual

Dita oficina conta xa cunha profesional da psicoloxía

Ferrol, 23 de novembro de 2019.- A Oficina de Atención ás Vítimas (OAV) de Ferrol reforzouse o venres coa incorporación dunha traballadora social que se sumará á profesional da psicoloxía que xa está traballando nestas oficinas.

Este é un paso máis no compromiso de erradicación desta lacra e no desenvolvemento do protocolo de actuación para o funcionamento das OAV, co obxectivo de prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, en especial aos menores de idade é as vítimas especialmente vulnerables durante o proceso xudicial.

En definitiva, avánzase na consolidación do modelo de atención asistencial que na actualidade prestan as Oficinas de Atención ás Vítimas, que abarca desde a intervención psicolóxica, na que os psicólogos levan a cabo unha avaliación individualizada da vítima que determina a forma de previr e evitar as consecuencias da vitimización secundaria, e ademais agora co estudo e aplicación das medidas de protección que minimicen tamén os trastornos psicolóxicos e propostas para a asistencia e protección da vítima durante o proceso.