Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Actualidade

A Xunta reúnese con representantes da asociación Discamino

Vigo, 12 de xaneiro de 2021.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta tarde xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nun encontro con representantes de Discamino co obxectivo de estudar posibles vías de colaboración. Á reunión asistiron Javier Pitillas, cofundador de Discamino, e Javier Fernández e Mónica Mera, protagonistas dun documental producido polos responsables deste proxecto que une discapacidade e o Camiño de Santiago.