A Coruña, 21 de xaneiro de 2021.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director de campaña e activista da Fundación Franz Weber, Rubén Pérez. Un dos temas principais que centrou o encontro foron as propostas e suxerencias que plantexa a entidade para garantir a protección dos animais tras as últimas restricións de mobilidade.
Neste senso, o delegado territorial informoulle que o coidado de animais, debidamente acreditado, está recollido como un motivo para permitir a mobilidade entre concellos pechados e comprometeuse a trasladar as súas recomendacións ao equipo da Consellería de Sanidade.