O acordo de constitución da asociación, que incluirá a aprobación dos estatutos, formalízase mediante acta fundacional, en documento público ou privado. As asociacións, unha vez constituídas, deberán inscribirse no rexistro de asociacións para os efectos de publicidade (arts. 5-10 da L.O. 1/2002 e artigos 42-43 do R.D. 949/2015).
Que documentos teño que presentar? Subir - Solicitude de inscrición inicial (modelo PR308A) formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
- Acta fundacional (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras, na que consten os seguintes datos:
- Nome e apelidos das persoas promotoras da asociación, se son persoas físicas; a denominación ou razón social se son persoas xurídicas; e en ambos os casos a nacionalidade, domicilio e documento de identidade.
- Expresión da vontade de constituír unha asociación, e a denominación desta, que será coincidente coa sinalada nos estatutos.
- Lugar, data e firma das persoas promotoras ou representantes (no caso de persoas xurídicas).
- Identificación das persoas que integran os órganos provisionais de goberno.
- Estatutos (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados por todas as persoas promotoras ou fundadoras en todas as páxinas, redactados co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002.
- Outra documentación:
- No caso de promotores persoas xurídicas, deberán presentar documentación acreditativa da súa natureza xurídica, certificación do acordo adoptado polo órgano competente no que conste a vontade de constituír a asociación, formar parte dela e designación da persoa física representante, que será coincidentes coa que participe no acto constitutivo.
- No caso de promotores/as menores non emancipados/as maiores de catorce anos, sen prexuízo do que estableza o réxime xurídico para as asociación infantís, xuvenís ou de alumnos/as, deberán presentar documento acreditativo do consentimento da persoa que deba suplir a súa capacidade.
- Copia do documento de identidade das persoas promotoras ou autorización da súa consulta (anexo II da solicitude)
- Copia do NIF da asociación
- Xustificante do pago da taxa correspondente
- A que rexistro teño que dirixirme?
Outros tipos de asociacións Subir Asociacións xuvenís - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: as persoas asociadas terán entre os 14 anos cumpridos e 30 sen cumprir.
- Normativa específica: Real Decreto 397/1988, do 22 de abril, polo que se regula a inscrición rexistral das asociacións xuvenís
Asociacións de nais e pais (ANPAS) - (modelo formato .docx - modelo formato .odt)
Requisitos: constitúense en centros de ensino e os asociados/as serán pais, nais, titores ou titoras dos/as alumnos/as do centro.
- Normativa específica: Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora da educación
- Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de pais de alumnos
- Orde do 16 de xaneiro de 1987, da Consellería de Educación, pola que se regulan as asociacións de pais de alumnos