A fusión de asociacións pode producirse de dúas formas:
- Mediante constitución dunha nova asociación por fusión de dúas ou máis existentes
- Por absorción dunha ou varias asociacións por outra asociación xa existente
Ambos supostos están regulados no artigos. 27, 59 e 60 do R.D. 949/2015).
Que documentos teño que presentar?
A) Fusión mediante constitución dunha nova asociación
- Solicitude de inscrición (modelo PR308A): Formulada por calquera dos representantes das asociacións afectadas e dirixida ao rexistro competente.
- Actas das reunións das asembleas ou certificado dos acordos de fusión adoptados por cada unha das asociacións que se fusionan (modelo formato .docx - modelo formato .odt): expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a. Debe constar que a fusión foi aprobada conforme aos requisitos que para a adopción de acordos establecen os estatutos de cada asociación.
- Acta fundacional da nova asociación xurdida da fusión, co seguinte contido:
- Denominación, núm. de inscrición e rexistro no que consta inscrita cada unha das asociacións fusionadas, así como identidade, nacionalidade, DNI e domicilio das persoas que actúan na representación das mesmas.
- A vontade das asociacións de constituír unha asociación por fusión, a súa denominación, e os pactos que no seu caso establecesen.
- A designación dos integrantes dos órganos de representación ou xunta directiva.
- Lugar e data de outorgamento da acta asinada polos promotores.
- Estatutos da nova asociación (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados por todos os promotores ou fundadores en todas as páxinas, redactados co contido mínimo establecido no art. 7 da Lei orgánica 1/2002.
B) Fusión por absorción
A Acta de constitución debe deixar constancia nos acordos adoptados que asociación debe figurar como absorbente e cales son absorbidas, aos efectos de conservar o número de Rexistro e denominación da asociación que permanece, e formalizar a baixa rexistral das asociacións absorbidas.
- Xustificante do pagamento da taxa correspondente
- A que rexistro teño que dirixirme?