Que documentos teño que presentar?
Asociacións que non teñan adaptados os seus estatutos á L.O. 1/2002
Que documentos teño que presentar? Subir - Solicitude de inscrición de modificación de estatutos (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente
- Acta da reunión da asemblea ou certificado do acordo adoptado (modelo formato .docx - modelo formato .odt) expedido pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
- O acordo de modificación de estatutos
- A relación de artigos modificados
- O quórum de asistencia
- O resultado da votación
- A data de aprobación
- Estatutos modificados (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais, asinados polo/a presidente/a e secretario/a da asociación en todas as páxinas, contendo o texto íntegro dos estatutos e dilixencia na que se faga constar que os estatutos quedan redactados segundo as modificacións acordadas na asemblea xeral extraordinaria, así como a data da adopción do acordo de modificación. Cando o órgano de representación da asociación sufrise algunha modificación con respecto ao anteriormente inscrito, debe tramitarse con carácter previo o procedemento de inscrición dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
- Xustificante do pagamento da taxa correspondente
- A que rexistro teño que dirixirme?
Nota: o cambio de domicilio da asociación é unha modificación de estatutos, polo que debe seguirse o mesmo procedemento.
Asociacións que non teñan adaptados os seus estatutos á L.O. 1/2002 Subir As asociacións constituídas e/ou rexistradas con anterioridade ao 26 de maio de 2002, que non tivesen adaptados os seus estatutos á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, deben adaptar os seus estatutos á dita Lei (Disposición transitoria primeira L.O. 1/2002).
Que documentos teño que presentar?
- Solicitude de inscrición da adaptación de estatutos á L.O 1/2002 (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
- Acta da reunión da asemblea xeral extraordinaria ou certificación do acordo de adaptación (modelo formato .docx - modelo formato .odt), expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
- acordo adoptado en asemblea xeral convocada especificamente para a adaptación dos estatutos á Lei Orgánica 1/2002
- quórum de asistencia e resultado da votación, nos termos establecidos nos estatutos
- a data de celebración da asemblea e aprobación do acordo
- que a entidade se atopa en situación de actividade e funcionamento
- domicilio social da asociación
- identificación dos titulares dos órganos de goberno e representación, en ambos os dous casos a data de designación dos respectivos cargos e a súa vixencia
- Estatutos adaptados á L.O. 1/2002 (modelo formato .docx - modelo formato .odt): dous exemplares orixinais asinados polo/a presidente/a e secretario/a da asociación, en todas as páxinas, contendo o texto íntegro dos estatutos e dilixencia, na que se faga constar que os estatutos foron modificados para a súa adaptación á L.O. 1/2002, por acordo da asemblea xeral extraordinaria, en cumprimento do disposto na disposición transitoria primeira da citada Lei Orgánica, así como a data da adopción do acordo.