A identidade dos titulares dos órganos de goberno e representación das asociacións está sometida a inscrición no rexistro de asociacións de conformidade co sinalado no art. 28 da L.O 1/2002. A inscrición formalizarase no prazo dun mes desde a súa elección ou modificación dos titulares da xunta directiva ou órgano de representación (artigos 51-52 R.D. 949/2015).
A inscrición rexistral afecta tanto a unha modificación ou renovación integral da xunta directiva como a unha modificación parcial ou substitución de algún/s dos seus membros.
Que documentos teño que presentar?
- Solicitude de inscrición (modelo PR308A): formulada polo representante da asociación e dirixida ao rexistro competente.
- Acta da reunión da asemblea ou certificación do acordo adoptado (modelo en formato .docx - modelo en formato .odt) expedida pola persoa ou cargo con facultade para a certificación de acordos, co visto e prace do presidente/a, no que conste:
- Data, lugar da reunión e contido do acordo adoptado
- Quórum de asistencia e resultado da votación nos termos establecidos nos estatutos
- A relación dos membros que cesan, a identificación dos novos membros elixidos e cargos para os que foron designados, así como a súa aceptación e data de efectos, co seguinte detalle:
- Nome, apelidos, domicilio e DNI se son persoas físicas
- Razón social ou denominación e NIF se son persoas xurídicas, xunto cos datos de identificación da persoa física que actuará na súa representación.
- Sinaturas dos novos titulares designados e, no seu caso, dos titulares saíntes ou xustificación suficiente da súa ausencia.
- Copia do NIF dos membros da nova xunta directiva, ou autorización para a súa consulta (anexo II solicitude)
- Xustificante do pagamento da taxa correspondente
- A que rexistro teño que dirixirme?