Alfonso Rueda Valenzuela naceu no ano 1968. Está casado e ten dúas fillas. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
- Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados.
- Secretario-nterventor da Mancomunidade de Paradanta.
- Xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
- Ano 2000. Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.
- Ano 2006. Secretario Xeral do PPdeG.
- Ano 2009. Elixido deputado pola provincia de Pontevedra nas eleccións autonómicas e nomeado, en marzo dese ano, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Ano 2012. Reelixido deputado pola provincia de Pontevedra e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia e titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.