Ano 2016

  • Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 179 de 20/9/2016)

    O acordo de inicio de negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 21.2, 22.5, 39.1, 44.1.h), 49.3, 50, 52, 88.1.f), 102.1, 115.1 e 117.1 e 2 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, publicouse no BOE nº 227 e no DOG nº 179 do 20 de setembro de 2016.

  • Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade (DOG nº 32 de 17/2/2016)

    O acordo de inicio de negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 59, 62, 67.4, 75 c), 87.1 e 87.2, 94, 101 e a disposición adicional quinta do Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade publicouse no BOE nº112 e no DOG nº 87 de 9/5/2016.