Unha emerxencia, tanto de tipo persoal como de tipo comunitario pódese producir en calquera momento. Faise necesario, nese caso, adoptar unha serie de pequenas actitudes que facilitarán a resolución dun problema se este se presenta.
De seguido, recóllense unhas recomendacións de carácter xeral facilmente realizables:
Na casa
Ter un pequeno equipo de seguridade sempre á man, composto por:
- Transistor de pilas ou outros aparellos de comunicación.
- Caixa de urxencias e medicamentos indispensables.
- Roupa de abrigo.
- Documentación persoal e documentos importantes.
- Unha lanterna, reflectantes ou outros elementos de sinalización visual.
- Pilas de recambio (hai que renovalas periodicamente).
- Escoitar as instrucións oficiais.
- Cumprir as recomendacións feitas polas autoridades de Protección Civil.
- Non crear nin facer que circulen rumores.
En caso de emerxencia, escoitar a radio ou outros medios de comunicación social para manterse informado/a. Para casos particularizados pódese chamar ao Teléfono de Emerxencias da Xunta de Galicia 112 (a chamada é de balde).
Nun vehículo
- Un vehículo non é unha boa protección, agás no caso de que se produza un movemento de terra (sismo).
- Un accidente ou unha catástrofe non é un espectáculo.
- Non aparque preto.
- Non dificulte o traballo dos equipos de socorro.
- Siga as instrucións do persoal que está a traballar
- Levar sempre no vehículo:
- Unha lanterna.
- Unha manta.
- Unha caixa de primeiros auxilios.
- Mapas das estradas da zona.
- Cadeas, si se circula por zonas montañosas.
- Escoitar as instrucións oficiais.
- Cumprir as recomendacións feitas polas autoridades.
- Non crear nin facer circular rumores.
- Estes consellos poden ser útiles fronte a calquera situación de emerxencia.