As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se atopen inscritas nun rexistro de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan súa sede no territorio desta Comunidade e reúnan os requisitos previstos na normativa vixente, poderán solicitar a declaración de utilidade pública.
Están regulados no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, e concrétanse nos seguintes:
A declaración de utilidade pública corresponde á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e, de ser favorable, publicarase no Diario Oficial de Galicia. A falta de resolución expresa no prazo de seis meses desde a presentación da solicitude implica a desestimación desta.
Solicitude (modelo PR310A) de declaración de utilidade pública, na que deberán constar:
Deberán constar, ademais, claramente e de forma sucinta, as razóns da petición e informe xustificativo dos obxectivos da asociación para que sexa considerada como de utilidade pública, con especial referencia ás súas actividades de interese xeral, de conformidade coas enunciadas no artigo 32.1.a) da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
Memorias, na que se reflictan as actividades que desenvolva, ininterrompidamente, como mínimo, durante os dous exercicios económicos anuais precedentes a aquel no que se presenta a solicitude. Dita memoria deberá ser asinada por todos os membros da xunta directiva ou órgano de representación da entidade.
Contas anuais dos dous últimos exercicios pechados, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que amosen a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade. Ditos documentos presentaranse asinados polos membros da xunta directiva ou órgano de representación.
Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan débedas co Estado de natureza tributaria en período executivo.
Certificación da Consellería de Economía e Facenda na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan débedas coa Comunidade Autónoma de natureza tributaria en período executivo.
Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social de atoparse ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social.
Copia de alta no epígrafe correspondente do Imposto sobre Actividades Económicas, no seu caso.
Certificación (modelo formato .docx - modelo formato .odt) do acordo do órgano da asociación que sexa competente polo que se solicita a declaración de utilidade pública.
As solicitudes, deberán dirixirse ao rexistro autonómico ou provincial no que conste inscrita a entidade solicitante. Consultar en http://www.xunta.es/rexistros/RexistroRAS.htm
Xustificante do pagamento da taxa correspondente.
As asociacións declaradas de utilidade pública deberán presentar ante o rexistro no que consten inscritas, as contas anuais do exercicio anterior (no prazo dos seis meses seguintes á finalización do exercicio económico), acompañando a seguinte documentación:
As contas anuais e a memoria de actividades deben presentarse asinadas por todos os membros da Xunta Directiva ou órgano de representación da asociación.
Modelos: poden consultar modelos de documentación contable na sele electrónica http://www.interior.gob.es/web/servicios-al-ciudadano/modelos-de-solicitud/asociaciones/modelos-para-asociaciones-de-utilidad-publica
O incumprimento da presentación da documentación contable motiva a tramitación da revogación da declaración de utilidade pública da asociación, nos termos previstos na normativa vixente.