Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 779 eventos:

10/07/19 | 00:00

VII Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro

A EGAP acollerá os días 18 e 19 de xullo o VII Congreso sobre prevención e represión do branqueo de diñeiro: reformas de 2018, economía, sociedade e cultura dixitais. 

03/07/19 | 00:00

Cursos de formación práctica do persoal interino da Administración local

A EGAP, en colaboración coa Dirección Xeral de Administración Local, convoca tres cursos de formación práctica baixo a modalidade de teleformación dirixidos ao persoal interino que desempeñe os postos reservados a funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia con habilitación de carácter nacional.

26/06/19 | 00:00

Convocatoria de cursos do segundo semestre de 2019 para o persoal da Administración autonómica

A Escola Galega de Administración Pública convoca un total de 58 edicións e 1883 prazas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional. 

19/06/19 | 00:00

Xornada xestión do tempo e produtividade

A EGAP convoca unha xornada para o próximo 3 de xullo coa finalidade de que o alumnado profunde no desenvolvemento de novas habilidades de xestión do tempo, así como no coñecemento de diferentes técnicas dirixidas a mellorar a produtividade e reducir a tensión mediante o adestramento e práctica da atención plena.

04/06/19 | 00:00

Curso monográfico A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas galegas

A EGAP convoca un curso monográfico co obxectivo principal de crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 aos seus ámbitos de traballo. 

04/06/19 | 00:00

Curso de planificación estratéxica para o desenvolvemento local

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca un curso de planificación estratéxica para o desenvolvemento local. 

31/05/19 | 00:00

Curso monográfico Dereito TIC e compliance

O concepto de compliance, cumprimento legal ou cultura do cumprimento, abarca un conxunto de principios éticos, directrices, códigos de condutas e de boas prácticas que informan e ordenan a actuación das entidades co fin de consolidar e transparentar a filosofía do seu proxecto e articular un conxunto de políticas de prevención e control que as converta en máis confiables, minimizando o risco e xerando, tanto na súa dimensión interna como nas súas relacións externas, unha cultura de observancia da legalidade e de potenciación daqueles valores que as identifique como organizacións responsables e comprometidas coa súa contorna económica, social e cultural.
Por outra banda, o Regulamento xeral de protección de datos que recentemente entrou en vigor supón novo marco normativo común a toda a Unión Europea, que fai da protección de datos unha área de coñecemento que require un elevado nivel técnico e de comprensión, en que dereito e informática mestúranse de forma irremediable.

15/05/19 | 00:00

A EGAP resalta a figura e legado de Antonio Fraguas na defensa da cultura e a lingua galegas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, presidiu este mércores a homenaxe a Antonio Fraguas na tradicional celebración do Día das Letras Galegas feita pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Alfonso Rueda resaltou o traballo de Antonio Fraguas por e para Galicia, poñendo o acento no seu coñecemento sobre a cultura, as tradicións e o folclore galego, e tamén na súa calidade humana.

09/05/19 | 00:00

Alejandro Antelo Martínez gaña a XXI edición do Premio Manuel Colmeiro

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou este xoves o premio Manuel Colmeiro ó doutor en Dereito Alejandro Ramón Antelo Martínez. O traballo de investigación que se recoñece leva por titulo Las verbenas populares en Galicia: régimen de intervención municipal, unha publicación que para o vicepresidente propón ideas e adxunta avances concretos dos que pode beneficiarse a sociedade galega.

09/05/19 | 00:00

A EGAP convoca un novo curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015

A EGAP convoca o curso superior As leis 39/2015 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público: teoría e práctica coa finalidade de abordar o estudo das citadas normas desde unha perspectiva práctica, para o cal, nunha primeira parte de cada sesión, procederase á análise, estudo e debate dos temas propostos e, na segunda parte, á súa aplicación a través da resolución de supostos prácticos.