Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 815 eventos:

20/09/19 | 00:00

Curso sobre a intervención do Consello Consultivo de Galicia na nova Lei de contratos do sector público

De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia convócase un curso online sobre a intervención do Consello Consultivo de Galicia na nova Lei de contratos do sector público.

20/09/19 | 00:00

Cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia convocan cinco cursos na área de incendios forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

16/09/19 | 00:00

Curso superior de técnico de urbanismo 2019/20

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca unha nova edición do curso superior de técnico de urbanismo que dará comezo o próximo 10 de outubro. 

13/09/19 | 00:00

VI Premio de Investigación Instituto Universitario García Oviedo

O Instituto Universitario de Investigación García Oviedo da Universidade de Sevilla convoca a VI edición do Premio de Investigación Instituto Universitario García Oviedo, de carácter anual que ten como obxecto fomentar a investigación e a súa difusión no ámbito do Dereito Administrativo.

13/09/19 | 00:00

A EGAP analiza o impacto das normativas sobre contratación pública no ámbito municipal

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, celebrou esta mañá a xornada Auditoría do sector público á que asistiron ao redor duns empregados públicos e profesionais relacionados coa Administración. 

09/09/19 | 00:00

A EGAP presenta o Universo EGAP innova

A Escola Galega de Administración Pública convocará proximamente no DOG o proxecto "Universo EGAP innova", unha inciativa multidisciplinar e transversal que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír á innovación e ao cambio nas administración públicas a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades.

27/08/19 | 00:00

Curso de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de prevención e defensa de incendios forestais

A través do convenio de colaboración subscrito entre a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) e a Escola Galega de Administración Pública convócase un cursopresencial de prevención de riscos laborais para o persoal dos servizos de prevención e defensa de incendios forestais.

23/08/19 | 00:00

Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convocan un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

21/08/19 | 00:00

A EGAP e a Deputación de Ourense convocan cursos para persoal da Administración local de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, convoca dous cursos online de ofimática.

09/08/19 | 00:00

II xornada Auditoría do sector público

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca, en colaboración co Colexio de Economistas da Coruña, a II xornada Auditoría do sector público, a II xornada Auditoría do sector público, que terá lugar en Santiago de Compostela o 13 de setembro.