Estás en: Portada / Sala de comunicacións / Esperámoste en

Esperámoste en...

Ten dispoñibles para consulta 772 eventos:

07/12/18 | 00:00

Xornada Operacións de fin de exercicio nas entidades locais. Elaboración de contas anuais

A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada sobre operacións de fin de exercicio nas entidades locais co fin de analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.

28/11/18 | 00:00

A EGAP debate ao redor da reforma da xurisdición contencioso-administrativa

A Escola Galega de Administración Pública acolleu hoxe unha xornada, á que asistiron máis de 120 persoas, destinada a debater sobre a posible reforma da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa vinte anos despois da súa aprobación. 

23/11/18 | 00:00

A EGAP convoca cursos online para preparar as probas selectivas de promoción interna

A EGAP convoca actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

23/11/18 | 00:00

Curso monográfico A Lei de contratos do sector público para os poderes adxudicadores non Administración pública (PANAP)

O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Ademais da transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das Pemes.

Coa realización deste curso perséguense os obxectivos de analizar as principais modificacións introducidas pola lei, en especial aquelas que afectan á contratación no ámbito dos PANAP (poderes adxudicadores non Administración pública), e propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores e relevantes desde o punto de vista xurídico e da xestión.

23/11/18 | 00:00

Xornada A Constitución española no seu corenta aniversario

Con motivo do corenta aniversario da nosa Carta Magna, a EGAP celebra unha xornada co obxectivo de aludir ao seu valor e debater arredor da súa posible e controvertida reforma, o procedemento para levala a cabo e as consecuencias que se poidan producir.

14/11/18 | 00:00

Curso de formación de carácter obrigatorio en PRL dirixido ao persoal ao servizo da Administración de xustiza

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca cursos online de prevención destinados a aqueles/as funcionarios/as que prestan os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia. Esta convocatoria, dirixida ao persoal que presta os seus servizos nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Ourense, garantirá que os/as funcionarios/as dos corpos de médicos forenses, xestión administrativa e procesual, tramitación administrativa e procesual e auxilio xudicial posúan a preceptiva formación en materia de riscos laborais.

14/11/18 | 00:00

Curso sobre apoio ao emprendemento e dinamización do tecido empresarial

A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Economía, Emprego e Industria para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación convócase un curso sobre apoio ao emprendemento e dinamización do tecido empresarial.

12/11/18 | 00:00

Xornada A Lei reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa, vinte anos despois

A lei do ano 1956 culminou o proceso de implantación da xurisdición contencioso-administrativa en España coa creación dunha figura, a dos/as maxistrados/as especialistas, que impulsou o seu desenvolvemento xunto cos/as maxistrados/as que procedían da quenda xeral da carreira xudicial.

02/11/18 | 00:00

Curso monográfico Planificación e xestión do turismo no territorio desde as administracións públicas

A EGAP convoca un curso monográfico co obxectivo principal de ofrecer ás persoas participantes os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a planificación e a xestión dun destino, así como para a súa promoción.


25/10/18 | 00:00

A EGAP intensifica a formación dos empregados públicos na nova lexislación administrativa básica

Esta mañá oitenta empregados públicos iniciaron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso superior centrado no estudo das leis 39/2015 e 40/2015, unha formación básica para conseguir unha xestión eficiente e eficaz do sector público.