Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Xustiza / Xustiza e cidadanía / Participación no Tribunal do Xurado / Gastos, indemnizacións e retribucións dos candidatos e xurado

Gastos, indemnizacións e retribucións das persoas candidatas a xurado

Deberá xantar e pasar a noite fóra do seu domicilio?

Si vostede é elixido/a xurado, o normal é que o primeiro día do xuízo deba xantar vostede fóra da casa, salvo que resida no municipio no que se está celebrando a vista e o maxistrado-presidente do Tribunal do Xurado llo autorice.

En canto á necesidade de pasar a noite fóra do domicilio, se o xuízo dura máis dun día, poderá vostede facelo no seu domicilio ou no lugar que teña por conveniente, sempre que o maxistrado-presidente non estime necesario o contrario.

No caso de que se decrete a incomunicación dos xurados, que é obrigada desde o momento no que se inicia a deliberación -sempre que esta dure máis dun día, unha vez rematado o xuízo- deberá vostede pasar a noite, necesariamente, no lugar que se lle indique.

Gastos de aloxamento e manutención

Se por algunha razón, algún dos xurados tivese que durmir ou xantar no municipio onde ten a súa sede a Audiencia Provincial, fóra dos casos nos que o Xurado estea incomunicado, aqueles que teñan o seu domicilio fóra dese concello, e se así o autoriza o maxistrado-presidente, terán dereito a percibir as indemnizacións seguintes:

  • Aloxamento incluído o almorzo: 65,97 €
  • Xantar: 18,70 €
  • Cea: 18,70 €

Indemnizacións por gastos de viaxe

  • Motocicleta: 0,078 € por quilómetro.
  • Vehículo turismo: 0,19 € por quilómetro.
  • Valor do billete de tren ou autobús.

Non se satisfará o importe correspondente ao traslado en taxi, salvo que se acredite que se non se recorrese a ese medio de transporte non se chegaría co tempo suficiente á sede da Audiencia Provincial para acudir á formación do Xurado, dentro do mesmo día.

Se algún candidato/a a xurado sostén que non se dispón do diñeiro para acudir á Audiencia o día da celebración do xuízo, debe facer esta manifestación por escrito, que enviará á Audiencia Provincial xunto co cuestionario que ten que devolver no sobre que se adxunta á documentación.

Retribucións dos candidatos a xurado e do xurado

  • Retribución diaria dos xurados: 67,00 €.
  • Retribución única dos candidatos non seleccionados como xurados: 33,50 €.

Documentos relacionados

  • Retribuciones fijas del xurado (documento PDF)