Horarios ordinarios
Horario de apertura:
- As salas de festa, discotecas, salas de baile, pubs, karaokes, salas de exhibicións especiais, tablaos flamencos, café-teatro, café-concerto e café-cantante non se poden abrir antes das 10.00 horas da mañá.
- Os locais de restauración con horario especial, en función do persoal ao que van dedicados, abrirán e pecharán de acordo coa autorización que dispoñan en cada momento. En todo caso, deberán pechar un período mínimo de 2 horas.
- Os demais espectáculos e actividades recreativas non poden comezar as súas actividades antes das 06.00 horas da mañá, e entre o peche e a apertura debe transcorrer, como mínimo, un período de 2 horas.
Horario de peche:
- Os espectáculos e festas rematarán e os establecementos públicos poderán exercer a súa actividade, como máximo, ata as horas sinaladas a continuación:
- Espectáculos públicos.
- Espectáculos cinematográficos:
- Cines tradicionais: 02.00 horas
- Multicines: 02.00 horas
- Cines de verán ou ao aire libre: 02.00 horas
- Autocines: 02.00 horas
- Espectáculos teatrais e musicais:
- Teatros: 02.00 horas
- Teatros ao aire libre ou eventuais: 02.00 horas
- Auditorios: 02.00 horas
- Auditorios ao aire libre e eventuais: 02.00 horas
- Salas de actuacións: 02.00 horas
- Espectáculos taurinos: 22.30 horas.
- Espectáculos circenses:
- Circos: 01.00 horas
- Espectáculos feirais:
- Recintos feirais: 01.00 horas
- Actividades recreativas.
- Actividades culturais e sociais.
- Museos: 22.00 horas
- Bibliotecas: 03.00 horas
- Bibliotecas móbiles: 23.00 horas
- Ludotecas: 22.00 horas
- Videotecas: 22.00 horas
- Hemerotecas: 22.00 horas
- Salas de conferencias: 01.00 horas
- Salas de exposicións: 23.00 horas
- Salas polivalentes e multiusos: 02.00 horas
- Salas dedicadas á celebración de cineclubs: 01.00 horas.
- Pazos de exposicións e congresos: 01.00 horas.
- Actividades recreativas destinadas aos menores de idade.
- Centros de ocio infantil: 22.00 horas
- Áreas de xogo en centros comerciais: 22.00 horas
- Áreas de xogo con aparellos de uso infantil: 22.00 horas
- Actividades deportivas.
- Estadios deportivos: 01.00 horas
- Pavillóns deportivos: 01.00 horas
- Recintos deportivos: 01.00 horas
- Pistas de patinaxe: 01.00 horas
- Ximnasios: 01.00 horas
- Piscinas de competición: 01.00 horas
- Piscinas recreativas de uso colectivo: 01.00 horas
- Vías públicas usadas para probas deportivas: 01.00 horas
- Establecementos de actividades e espectáculos deportivos: 01.00 horas
- Parques de atraccións e atraccións recreativas.
- Parques de atraccións e temáticos: 02.00 horas.
- Parques acuáticos: 02.00 horas.
- Actividades recreativas e de azar.
- Casinos de xogo: 04.00 horas.
- Salas de bingo: 04.00 horas.
- Salóns de xogo de máquinas de azar, tipo A, A especial e tipo B: 2.00 horas.
- Salóns recreativos de máquinas de azar, tipo A: 00.00 horas.
- Hipódromos: 00.00 horas.
- Tómbolas e similares: 03.30 horas.
- Actividades de ocio e entretemento.
- Salas de festa: 05.30 horas.
- Discotecas: 05.30 horas.
- Salas de baile: 05.30 horas.
- Pubs: 04.00 horas.
- Karaoke: 04.00 horas.
- Cibercafé, salóns cíber e similares: 02.00 horas.
- De exhibicións especiais: 03.00 horas.
- Tablaos flamencos: 05.30 horas.
- Café-teatro, café-concerto, café-cantante: 05.00 horas.
- Actividades de restauración.
- Restaurantes: 02.30 horas.
- Salóns de banquetes: 03.30 horas.
- Bar, café-bar: 02.30 horas.
- Cafetaría: 03.00 horas.
- Locais de restauración con horario especial en función do persoal ao que van dedicados: o horario que autorice a dirección xeral competente en materia de espectáculos públicos, tendo en conta as necesidades dos profesionais ás que van dirixidas.
- Exhibición de animais.
- Zoolóxicos: 00.00 horas.
- Acuarios: 00.00 horas.
- Recintos de exhibición cabalar e outras especies: 00.00 horas.
- Festexos e celebracións populares.
- Solta de novelos: 20.00 horas.
- Verbenas e festas populares: 03.30 horas.
- Carrilanas: 21.00 horas.
Ampliación do horario de peche:
- As noites que van de xoves a venres, de venres a sábado, de sábado a domingo e de domingo a luns, así como as noites anteriores aos festivos e a do festivo, estes horarios ampliaranse media hora. Para salóns recreativos e de xogo esta ampliación será de 1 hora.
- A partir da hora límite de peche, non se permitirá o acceso aos establecementos a ningún cliente, non se servirá ningunha consumición e deixará de funcionar a música ambiental, é dicir, finalizarán todas as actividades que se están desenvolvendo e acenderanse todas as luces para facilitar o desaloxo dos establecementos ou recintos, que deberán quedar baleiros de público no prazo máximo de trinta minutos.