Estás en: Portada / Organización / Direccións Xerais / Dirección Xeral de Xustiza / Xustiza e cidadanía / Participación no Tribunal do Xurado / Momento no que se procede á formación do Tribunal do Xurado

Momento no que se procede á formacion do Tribunal do Xurado

  1. Unha vez que compareza na Audiencia Provincial, debe identificarse, co seu DNI e coa cédula de citación que se acompaña, como candidato a xurado ante os axentes xudiciais ou ante o servizo de información, onde se lle indicará a sala onde pode esperar cos demais candidatos a xurados.
  2. Será avisado para que se dirixa á sala da audiencia onde se celebrará o xuízo. Alí o maxistrado-presidente, o Ministerio Fiscal e os avogados intervenientes faranlle preguntas dirixidas a investigar se concorre en vostede algunha causa que o/a inhabilite para actuar como xurado nese xuízo.
  3. Realizado o interrogatorio e excluídos, no seu caso, aqueles nos que concorra algunha causa que o/a inhabilite para ser xurado, procédese a elixir por sorteo, entre os non excluídos, os 9 candidatos/as que han de actuar como xurado, máis outros dúas persoas máis que actúan como suplentes, por si algún dos xurados se incapacita durante o xuízo.
  4. Si resulta elixido/a neste sorteo, poderá ser interrogado/a de novo polo maxistrado-presidente, o Ministerio Fiscal e oss avogados. Este interrogatorio versará sobre as súas circunstancias persoais e ten como finalidade primordial coñecer a súa actitude favorable ou contraria á persoa acusada e ao tipo de delito presuntamente cometido por ela. Trátase de conformar un Tribunal do Xurado obxectivo, imparcial e independente.
  5. Este interrogatorio non poderá traspasar, en ningún caso, os límites do dereito á intimidade persoal e, finalizado, poderá ser recusado polo Ministerio Fiscal e os avogados sen alegar motivo algún.
  6. Os/as nove candidatos/as elixidos/as e non rexeitados formarán o Tribunal do Xurado, xunto co maxistrado/a presidente e asistirán á celebración do xuízo.
  7. Tamén asistirán á celebración do xuízo os dous candidatos ou candidatas que foron elixidos como xurado suplente.