Os riscos naturais

Os riscos naturais son aqueles que dependen de factores xeográficos e climáticos. En xeral, producen o illamento de núcleos de poboación e danos no medio e nos bens.

En Galicia determínanse os seguintes riscos naturais:

  • Nevaradas
  • Inundacións
  • Riadas
  • Xeadas
  • Temporais
  • Chuvias torrenciais
  • Sismos
  • Derrubamentos, avalanchas, desprendementos de terra seca

 

dxipcriscos1
dxipcriscos2
dxipcriscos3
dxipcriscos4



A Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia elaborou unha serie de Plans especiais de carácter territorial, enmarcados no PLATERGA (Plan Territorial de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia) co obxecto de dar unha resposta rápida, consensuada e eficaz aos territorios afectados polas emerxencias derivadas da materialización destes riscos.

Preténdese cos Plans especiais de Protección Civil, que a actuación nas emerxencias non sexa froito da improvisación e que as actuacións que sexa necesario realizar estean coordinadas e recollidas nos diferentes Plans de emerxencia municipais.