Recepción da documentación

Que deberá facer a partir da recepción da documentación no seu domicilio?

  1. Cubra o cuestionario que se lle axunta (caderno B) e devólvao coa maior brevidade posible á Audiencia Provincial, introducíndoo no sobre con franqueo oficial que se acompaña.
  2. O prazo máximo para a devolución do cuestionario é de 5 días, contados a partires da recepción da documentación. É imprescindible cubrir o cuestionario.
  3. Deberá comparecer vostede na sede da Audiencia Provincial o día e á hora sinalada na cédula de citación que se adxunta, que deberá ensinar na Audiencia.
  4. É fundamental que compareza. A súa incomparecencia pode motivar a suspensión do Xuízo, o que supón:
    1. Atrasos e dilacións indebidas na Administración de Xustiza.
    2. Prexuízos ás persoas candidatas a xurados que comparezan, que terán que volver a facelo.
    3. Importantes prexuízos económicos á Administración Pública, xa que se orixinan en cada xuízo desembolsos considerables.
  5. A incomparecencia inxustificada á primeira citación pode ser sancionada con multa de 150.25 euros, e á segunda citación con multa de 601.01 a 1502.52 euros.