Ano 2007

  • Lei 17/2007, do 4 de xullo, que modifica a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
    Estado actual: Sentenza 181/2013, do 23 de outubro de 2013. Recurso de inconstitucionalidade 2631-2008. Interposto pola Xunta de Galicia. Estima parcialmente o presente recurso de inconstitucionalidade e, en consecuencia, declarar a inconstitucionalidade e nulidade do art. 3, apartado 3, letra c), da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, na redacción dada polo artigo único, punto nove, da Lei 17/2007, do 4 de xullo. Declara que o art. 3, apartado 2, letra a) da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, na redacción dada polo artigo único, punto oito, da Lei 17/2007, do 4 de xullo, é conforme coa Constitución interpretado nos termos sinalados no fundamento xurídico 7. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 278, do 20 de novembro de 2013.