Ano 2009

  • Real Decreto-Lei 9/2009, de 26 de xuño, sobre restruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de crédito.

    O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra os artigos 6, 7 e 8 do Real Decreto-lei 9/2009.

    Estado actual: O TC ditou a sentenza 182/2013, do 23 de outubro de 2013 (BOE 20.11.2013), pola que se resolven os recursos de inconstitucionalidade acumulados núms. 2602-2010, 2603-2010, 2644-2010 e 2681-2010, interpostos polos Consellos de Goberno da Xunta de Extremadura, a Xunta de Galicia, a Comunidade de Madrid e a Generalitat de Cataluña, e se declara inconstitucional e nulo o inciso «as Caixas de Aforros e, no seu caso, as cooperativas de crédito involucradas» do art. 8.2 do Real Decreto-lei 9/2009, do 26 de xuño, sobre reestruturación bancaria e reforzamento dos recursos propios das entidades de crédito.