Ano 2010

  • Lei 10/2009, do 30 de decembro, pola que se modifica o Decreto lexislativo 1/2005, de 10-3-2005, que aproba o texto refundido das leis 7/1985, de 17 -7-1985, e 4/1996, de 31-5-1996, de caixas de aforros de Galicia

    Estado actual: Sentenza 209/2014, do 18 de decembro de 2014. Recurso de inconstitucionalidade 1065-2010. Interposto polo Presidente do Goberno. Declara inconstitucionais e, por tanto, nulos os incisos «previa autorización dos órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coa normativa vixente»; e «de entre os membros da propia asemblea xeral» do apartados tres e dez do art. 2 da Lei do Parlamento de Galicia 10/2009, do 30 de setembro, de modificación do Decreto Lexislativo 1/2005, do 10 de marzo, polo que se aproba o texto refundido das Leis 7/1985, do 17 de xullo, e 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforro de Galicia. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 29, do 3 de febreiro de 2015.

  • Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12-12-2006, relativa aos servizos no mercado interior.

    Estado actual: O recurso de inconstitucionalidade nº 8260-2010 admitiuse a trámite polo TC (BOE 22/12/2010).