Ano 2012

  • Real Decreto-lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeración, fontes de enerxía renovables e residuos.

    Estado actual: Sentenza 48/2015, do 5 de marzo de 2015. Recurso de inconstitucionalidade 6045-2012. Interposto pola Xunta de Galicia  Declara a perda sobrevinda do obxecto do recurso, no que se refire á vulneración do artigo 9.3 CE por parte do Real Decreto-lei 1/2012, do 27 de xaneiro. Desestima o recurso en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 85, do 9 de abril de 2015.