Ano 2014

  • Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia

    Estado actual: Sentenza 8/2016, do 21 de xaneiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 1424-2014. Interposto polo Presidente do Goberno en relación cos artigos 1; 2.2 b), c) e d); 5.3; 5.5; 5.6; 5.7; 6.2; 7.2; 8; 12.2; 12.3; 12.4; 13; 14.1 a), b) e c); 14.2; 15.2 a), b), d), f), g) e h); 15.3; 17.1; 17.2; 18; 19.2 a) e c); Título V, disposicións adicional primeira e transitoria primeira da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. Competencias sobre telecomunicacións: nulidade de diferentes preceptos legais que establecen os principios reitores da intervención pública no impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións e redes públicas de comunicacións electrónicas, regulan os instrumentos de ordenación e planificación das infraestruturas de telecomunicacións, e as normas de protección ambiental; interpretación conforme dos preceptos legais relativos ao principio de sustentabilidade ambiental, plan sectorial de infraestruturas de telecomunicacións, determinacións mínimas dos instrumentos de plan urbanístico e tipificación de infraccións. Publicouse no BOE núm. 45, do 22 de febreiro de 2016.

  • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

    Estado actual: Sentenza 33/2016, do 18 de febreiro de 2016. Recurso de inconstitucionalidade 5458-2015. Interposto polo Presidente do Goberno Declara a inconstitucionalidade e nulidade do art. 27.5 do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, na redacción que lle dá o art. 5.2 da Lei de Galicia 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Desestima o recurso en todo o demais, Publicouse no BOE núm. 71, do 23 de marzo de 2016.