Ano 2016

  • Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia

    Estado actual: Recurso de inconstitucionalidade nº 5191-2016, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de outubro actual, acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 5191-2016, promovido polo Presidente do Goberno, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.( BOE 260 de 27/10/2016). E faise constar que polo Presidente do Goberno invocouse o artigo 161.2 da Constitución, o que produce a suspensión da vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso "30 de setembro de 2016", para as partes do proceso, e desde a publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial do Estado para os terceiros. Publicouse no BOE núm. 260 do 27 de outubro de 2016.