Ano 2017

  • Lei de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia. O recurso de inconstitucionalidade formulouse contra o Título II, Capítulos I e II (artigos 27 a 41), relativo á adopción, e de Título III (artigos 42 a 45), relativo á autotutela, da Lei de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia.
    Estado actual: sentenza 133/2017, do 16 de novembro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 2845-2007. Interposto polo Presidente do Goberno respecto dos artigos 27 a 45 da Lei do Parlamento de Galicia 2/2006, do 14 de xuño, de Dereito civil de Galicia. Competencias sobre dereito civil: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan a adopción e a autotutela. Votos particulares.
  • Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para  a súa adaptación á directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 12-12-2006, relativa aos servizos no mercado interior.
    Estado actual: sentenza 62/2017,do 25 de maio de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 8260-2010. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei do Parlamento de Galicia 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior. Competencias sobre colexios profesionais: nulidade dos preceptos legais autonómicos relativos aos criterios territoriais de colexiación, á colexiación de persoal estatutario ao servizo das Administracións públicas e ao visado colexial; interpretación conforme coa Constitución da previsión de existencia dun servizo colexial de visado a disposición de consumidores e usuario.
  • Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia Recurso de inconstitucionalidade nº 5191-2016, contra os artigos 32, parágrafo segundo; 33 e 34 da Lei de Galicia 13/2015, de 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
    Sentenza 21/2017, do 2 de febreiro de 2017. Recurso de inconstitucionalidade 5191-2016. Interposto polo Presidente do Goberno en relación con diversos preceptos da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias sobre enerxía: nulidade dos preceptos legais autonómicos que regulan diversos aspectos da relación económica entre compañías distribuidoras e comercializadoras de electricidade e os consumidores (STC 18/2011).