Ano 2007

  • Real Decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego.
    Estado actual: Sentenza 88/2014, de 9 de xuño de 2014. Conflito positivo de competencia 6767-2007. 1º- Declara a desaparición sobrevenida de obxecto, en relación coa impugnación dirixida contra o artigo 27 do Real Decreto. 2º- Declara que o artigo 30.2, inciso segundo e a disposición final primeira, na mención que realiza ao artigo 149.1.17 da Constitución, vulneran as competencias da Xunta de Galicia. 3º- Desestima o conflito en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 162, de 4 de xullo de 2014.
  • Orde TAS/1051/2007, do 18 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas de cooperación e voluntariado sociais con cargo á asignación tributaria do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
    O TC ditou a sentenza 40/2013, do 14 de febreiro de 2013 (BOE 12.03.2013), pola que resolve estimar parcialmente o conflito positivo de competencia núm. 6893-2007 interposto pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, declarar que vulneran as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os artigos 1, salvo no que se refire ao obxecto da convocatoria; 5, 6, 7, 8, en canto ao establecemento do baremo aplicable, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20, así como os anexos C, I, II, III e IV da orde referida.
  • Real Decreto 1028/2007, do 20 de xullo, polo que se establece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial.
    Estado actual: Sentenza 3/2014, de 16 de xaneiro de 2014. Conflito positivo de competencia 9061-2007. Desestima o presente conflito positivo de competencias. Publicouse no BOE núm. 35, de 10 de febreiro de 2014.