Ano 2008

  • Orde TAS/421/2008, do 19 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, Familias e Minusvalía.
    Estado actual: O Tribunal Constitucional ditou a Sentenza 173/2012, do 15 de outubro de 2012 (BOE núm. 274, do 14 de novembro de 2012) pola que resolve estimar parcialmente o conflito positivo de competencia núm. 4682-2008 e declarar que son inconstitucionais e nulos, por vulnerar as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, os seguintes preceptos da Orde TAS/421/2008, do 19 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións da Secretaría de Estado de Servizos Sociais, Familias e Minusvalidez: os arts. 2, salvo o seu inciso "as correspondentes convocatorias en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido no art. 22.1 e 23.2 da Lei xeral de subvencións"; 4; 5; 6; 8; 9; 10; 11; 12; 13; 14; 15 e 16.
  • Resolución de 29 de abril de 2008, do Instituto da Muller, pola que se convoca a edición das subvencións ao emprego "Emprender en feminino" do ano 2008, para fomentar a inserción laboral por conta propia das mulleres.
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC
  • Resolución de 20 de maio de 2008, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se convocan axudas para impulsar os procesos de planificación estratéxica, xestión e promoción de destinos turísticos ("Soportes de promoción de destinos"), correspondentes ao exercicio 2008.
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC
  • Orde FOM/2388/2008, do 24 de xullo, pola que se publica a convocatoria para o ano 2008 das axudas a programas piloto que promovan a mobilidade sostible en ámbitos urbanos e metropolitanos.
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC
  • Real Decreto 1614/2008, do 3 de outubro, relativo aos requisitos zoosanitarios dos animais e dos produtos da acuicultura, así como a prevención e control de determinadas enfermidades dos animais acuáticos
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
  • Real decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros.
    Estado actual: Sentenza 200/2009, do 28 de setembro de 2009. Conflito positivo de competencias 3800-2009. Estima parcialmente o presente conflito positivo de competencia promovido pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, declarar, cos efectos previstos no fundamento xurídico 8 da presente Sentenza, que son inconstitucionais e nulos, por vulnerar as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os seguintes preceptos do Real Decreto 1916/2008, do 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros: primeiro parágrafo do apartado 1 do artigo 14; artigo 15; apartados 1 e 4 do artigo 16; artigo 18; letra a) do apartado catro do artigo 19; artigo 20; apartados 1 e 2 do artigo 21; artigo 22; o inciso «e das Comunidades Autónomas» do apartado 3 do artigo 24; apartados 3, 4 e 5 do artigo. 25; segundo parágrafo do apartado 2 e apartado 3 do artigo 32; apartados 2 e 3 do artigo 33; artigo 34 e artigo 35. Desestima o conflito en todo o demais. Publicouse no BOE núm. 254, do 21 de outubro de 2009.