Ano 2009

  • Real Decreto 1549/2009 sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao fondo europeo da pesca.
    O conflito se formulou en relación ao Capítulo IX, Disposición final primeira e os Anexos do Real Decreto 1549/2009, de 9 de outubro.
    O TC ditou a sentenza 166/2013, do 7 de outubro de 2013 (BOE 07.11.2013), pola que resolve estimar parcialmente o conflito positivo de competencia núm. 567-2010 interposto pola Xunta de Galicia e, en consecuencia, declarar que vulneran as competencias da Xunta de Galicia, nos termos dos fundamentos xurídicos 8 e 9, os artigos 49, 50 e 54, en canto ao procedemento de incorporación ao censo da flota pesqueira operativa dos datos relativos á flota pesqueira de Galicia que faena exclusivamente nas augas interiores desta Comunidade Autónoma, e o artigo 45, en canto á determinación dos buques que poden exercer a actividade pesqueira nas augas interiores de Galicia, así como os anexos I a VI do referido Real Decreto, en tanto que aplicables á actividade pesqueira en augas interiores da dita Comunidade Autónoma.
  • Resolución da Presidencia do Consello Superior de Deportes do 3 de decembro de 2008 pola que se convocan axudas ás comunidades autónomas para a execución de programas cofinanciados de dotación de infraestruturas deportivas en centros escolares públicos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
  • Orde ESD/1062/2009, de 25 de marzo, pola que se convocan subvencións a entidades privadas sen fins de lucro para a realización de actividades dirixidas á atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo e á compensación de desigualdades na educación durante o curso escolar 2009-2010.
    Formulado requirimento de incompetencia ao Estado, este foi atendido polo que non se presentou conflito ante o TC.
  • Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xesión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.
    Estado actual: Sentenza 45/2015, do 5 de marzo de 2015. Conflito positivo de competencia 7869-2009. Exposto pola Xunta de Galicia en relación cos artigos 2, 3.4, 4, 5, 6.3, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 17.2, os números 1.º e 2.º do apartado b) do artigo 18, 19.3 e 4, 22.3, 24.2, 27.3, 28, menos o parágrafo primeiro, 30.3, 31, 32.2, 3 e 4, 33.3 e 4, 36, 37.4, parágrafo segundo, 38, parágrafo segundo, 42.2, 3 e 4, 43.3 e 4, 44, 45 e 46, así como das disposicións adicionais segunda, terceira e cuarta, e as disposicións transitorias segunda e terceira e do anexo III do Real Decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras no seu conxunto. Competencias sobre minas e medio ambiente: adecuado exercicio das competencias básicas estatais. Publicouse no BOE núm. 85, do 9 de abril de 2015.
  • Resolución da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes do 16 de xullo de 2009, pola que se convoca a concesión de subvencións a municipios, mancomunidades de municipios e comarcas para o desenvolvemento de programas innovadores a favor da integración de inmigrantes.
    Estado actual: Sentenza 78/2014, do 28 de maio de 2014. Conflito positivo de competencia 10694-2009. Estima o conflito positivo de competencia núm. 10694-2008 interposto pola Xunta de Galicia contra a Resolución do 16 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se convoca a concesión de subvencións a municipios, mancomunidades de municipios e comarcas para o desenvolvemento de programas innovadores a favor da integración de inmigrantes, e en consecuencia declarar, cos efectos previstos no fundamento xurídico 9 da presente Sentenza, que a resolución referida vulnera as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 153, do 24 de xuño de 2014..
  • Resolución do 31 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal, pola que se convoca a concesión de axudas a entidades e organizacións non gobernamentais de ámibito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas cos principios inspiradores da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e coas finalidades da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
    O TC ditou a Sentenza 38/2012, de 26 de marzo de 2012 (BOE 27/04/2012) pola que resolve estimar o conflito positivo de competencia interposto pola Xunta de Galicia, e en consecuencia, declarar que a Resolución de 31 de agosto de 2009, da Dirección xeral de medio natural e política forestal vulnera as competencias da Xunta de Galicia.
  • Resolución do servizo público de emprego estatal do 22 de setembro de 2009, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas específicos de formación e inserción laboral a favor de mozos desempregados en situación ou con risco de exclusión social.
    Estado actual: Sentenza 178/2015, do 7 de setembro de 2015. Conflito positivo de competencia 974-2010. Exposto pola Xunta de Galicia. Estima o conflito positivo de competencia núm. 974-2010 e, en consecuencia, declara, cos efectos previstos no fundamento xurídico 10 da presente Sentenza, que a resolución do 22 de setembro de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas específicos de formación e inserción laboral a favor dos mozos desempregados en situación ou con risco de exclusión social, vulnera as competencias da Xunta de Galicia. Publicouse no BOE núm. 245, do 13 de outubro de 2015.