Ano 2010

  • Resolución do Servizo Público de Emprego Estatal do 1 de febreiro de 2010, pola que se aproba a convocatoria para a concesión, con cargo ao exercicio orzamentario de 2010, de subvencións públicas para a execució nde plans de formación mediante convenios, de ámbito estatal, dirixidos prioritariamente aos traballadores ocupados, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se regula a formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento
    Estado actual: Sentenza 185/2015, do 21 de setembro de 2015. Conflito positivo de competencia 4602-2010. Exposto pola Xunta de Galicia Desestima o conflito positivo de competencia interposto pola Xunta de Galicia, publicouse no BOE núm. 260, do 30 de outubro de 2015.
  • Orde ITC/404/2010, do 22 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: iniciativa "RSE-PEME"
    Resolución do 22 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: Iniciativa "RSE-PEME".
    O TC ditou a sentenza 150/2013, do 9 de setembro de 2013 (BOE 09.10.2013), pola que resolve estimar parcialmente o conflito positivo de competencia núm. 5045-2010 interposto pola Xunta de Galicia e, en consecuencia: 
    • Declarar que son inconstitucionais e nulos os seguintes preceptos da Orde ITC/404/2010, do 22 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: iniciativa RSE-PYME: o inciso “Poderán actuar como entidades colaboradoras unicamente as entidades públicas empresariais e as sociedades mercantís estatais” do artigo 10; os artigos 11; 12; 13; 14, en canto ao establecemento do baremo aplicable; 15; 16; 17, nos seus apartados 2, 3 e 4 e 18 a 24.
    • Declarar, cos efectos previstos no fundamento xurídico oitavo da Sentenza, que a resolución do 22 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se efectúa, para o ano 2010, a convocatoria de axudas á implantación e desenvolvemento da responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas: iniciativa RSE-PYME, vulnera as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia.