A disposición adicional 3ª da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia, sinala que terán condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a súa vontade de equiparar os seus efectos aos do matrimonio.
O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, crea e regula este Rexistro adscrito á Consellería competente en materia de xustiza. Este Rexistro xestiónase a través das delegacións provinciais, baixo a dependencia directa da Dirección Xeral de Xustiza que asume as funcións de coordinación, información e aprobación de directrices comúns.
As inscricións de parellas de feito practicadas nos rexistros municipais de parellas naqueles concellos que contasen cun rexistro deste tipo, terán acceso ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos da Lei de dereito civil de Galicia do Regulamento deste Rexistro. A remisión feita polos concellos deberá contar co consentimento previo e expreso de ambos os dous integrantes da parella.
Os requisitos para a inscrición establéceos o artigo 5 do Decreto, e son:
Pode obter máis información consultando na Guía do cidadán da Xunta de Galicia o procedemento PR 212A - Rexistro de parellas de feito.
A onde acudir
O Rexistro de Parellas de Feito xestiónase a través das Xefaturas Territoriais nas provincias respectivas: