O Programa de cooperación Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) foi aprobado por Decisión de execución da Comisión Europea o 12.02.2015. De conformidade co establecido no punto 4 do artigo 23 do Regulamento (UE) Nº 1299/2013, os estados membros participantes delegan determinadas tarefas nas unidades de coordinación rexionais para os beneficiarios da súa competencia administrativa, que tamén poden ser designadas como organismos intermedios con funcións de control das operacións.
A Dirección Xeral de Exteriores e coa UE, adscrita á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é a unidade de coordinación na Xunta de Galicia no devandito programa. Como tal, esta dirección xeral é responsable das funcións atribuídas pola Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Hacienda y Función Pública, na súa calidade de autoridade de xestión do programa. Entre as súas principais funcións están:
As persoas interesadas poden realizar calquera consulta no correo interregva-poctep.dxre@xunta.gal ou no teléfono 981 541 022.
Para o axeitado desenvolvemento destas responsabilidades, cómpre que os beneficiarios da Xunta de Galicia lle comuniquen toda incidencia relevante e actividades desenvolvidas no marco da respectiva operación, incluíndo as relativas á comunicación e divulgación do proxecto, ao correo electrónico antes indicado.