Estás en: Menú / Colectivos / Profesionais da Administración

Interinos

 

CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

2/6/2020 - Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial

As listaxes poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/) seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes". 

10/2/2020 - Finalización do prazo para a elección de bolsa

Recórdase que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos/as.

É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, é a desistencia dos/as aspirantes de todas as súas solicitudes

 

 

29/1/2020 - Corrección de erros. Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

28/1/2020 - Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

As listaxes poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes".

Aqueles/as aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar no prazo de dez días hábiles desde a publicación desta resolución (fin do prazo: 11.02.2020 ás 23:59 h). En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitude.

A elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX. Ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electronicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Na páxina de bolsa de interinos, na sección de “Instrucións”, existe unha guía de usuario cos pasos a seguir (páxinas 27-29 no manual en galego, 33-35 no manual en castelán).

28/11/2018 -  Publicación de listas na "Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galiza"

Desde o 28/11/2019, as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia estarán só dispoñibles na "Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galiza". Tras acceder co usuario e constrasinal ou certificado electrónico, as listaxes poderán consultarse na ruta “Menú - Bolsa de interinos - Listaxes”.

 

 

CORPOS DE MÉDICOS FORENSES