Xulgados de Paz
En todos os concellos onde non exista un xulgado de primeira instancia e instrucción existe un Xulgado de Paz. En Galicia, existen un total de 270.
Estes xulgados están previstos na Lei orgánica do poder xudicial, e teñen atribuído o coñecemento e decisión sobre determinadas materias.
O/a Xuíz de Paz
O/a Xuíz de Paz é un veciño/a do concello, non profesional (xuíz lego), pero que mentres desempeña o seu cargo se integra no poder xudicial.
Quen pode ser Xuíz de Paz?
O/a veciño/a que queira ser Xuíz de Paz debe ser español, maior de idade, non ter causa de incapacidade ou incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais, aínda que si pode ter a súa propia actividade profesional ou mercantil. Para ser nomeado Xuíz de Paz teranse que reunir os requisitos para o ingreso na carreira xudicial, agás a licenciatura en Dereito.
O Concello daqueles municipios onde existe un Xulgado de Paz fai públicas as convocatorias para desempeñar esta función. Pódense presentar todas aquelas persoas que desexen ser Xuíz de Paz, que deben achegar a súa solicitude coa documentación que a convocatoria esixa.
Correspóndelle ao Pleno do Concello elixir ao candidato ou candidata, de xeito que o/a elixido/a goce de estima, aprecio e consideración entre os seus concidadáns e unha axeitada preparación e formación, o que lle proporcionará á súa figura a importancia que debe ter na comunidade. Unha vez elixido polo Pleno do Concello por maioría absoluta, será nomeado/a Xuíz de Paz polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por un prazo de 4 anos.
Competencias do/a Xuíz de Paz
Ao longo do seu mandato, terá as seguintes funcións: