Procesos selectivos

Os procesos selectivos para ingreso nos corpos ao servizo da Administración de xustiza son de competencia estatal. Correspóndelle ao Ministerio de Xustiza a convocatoria dos procesos, a súa xestión e o nomeamento dos funcionarios de novo ingreso. No entanto, as Comunidades Autónomas con competencias transferidas poden incluír nestes procesos prazas para o seu ámbito territorial; suposto no que a Administración autonómica colabora no proceso de selección e de formación inicial dos seleccionados.

A Xunta de Galicia ofrece prazas territorializadas cando existen vacantes que non se cubriron a través dos procesos de concursos de traslados. As persoas aprobadas que concorren polo ámbito territorial galego terán o seu primeiro destino nun órgano da Administración de xustiza en Galicia.

Documentos relacionados

  • Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/626/2019, do 28 de maio, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses (*) Por Orde JUS/695/2019 de 17 de xuño, publicada o 26 de xuño de 2019 no BOE, queda sen efecto o referenciado no anexo III da Orde 626/2019 de 28 de maio no referido a casa 20 da solicitude de admisión nas probas selectivas.
  • Resolución do 10 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/403/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza
  • Resolución do 10 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o acceso por promoción interna ao corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza
  • Resolución do 7 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo
  • Resolución do 19 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses. A presentación de solicitudes realizarase no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado
  • Resolución do 10 de decembro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo, no ámbito de Galicia
  • Relación de prazas de xestión procesual e administrativa. Quenda libre. Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de acceso libre, convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo, do Ministerio de Xustiza
  • Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se establece o procedemento a seguir no curso selectivo de funcionarios en prácticas do corpo de xestión procesual e administrativa polo sistema de acceso libre (A.L.)
  • Convócase aos aspirantes do proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa aprobados no ámbito de Galicia no proceso selectivo convocado pola Orde XUS/2370/2011, nomeados funcionarios en prácticas, para que se presenten na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) as 10.00 horas do día 12 de novembro, nos termos que determina a Orde do Ministerio de Xustiza, para o desenvolvemento da fase teórica do curso selectivo.
  • Resolución do 17 de outubro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 31 de maio, no ámbito de Galicia
  • Resolución do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Galicia que se lles ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda de promoción interna, convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 21 de xullo, do Ministerio de Xustiza
  • Anexo II de solicitude de excedencia tras obtención de destino por Resolución do 17/10/2012, no corpo de xestión procesual e administrativa, quenda de promoción interna, nas oposicións convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 31 de maio
  • Orde XUS/2370/2011, de 21 de xullo, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polos sistemas xerais de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza
  • Orde XUS/403/2012, de 16 de febreiro, polo que se nomean funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza
  • Resolución de 16 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, que superaron as probas selectivas, convocadas pola Orde XUS/1654/2010, de 31 de maio
  • Convócase aos/ás aspirantes do proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de promoción interna no corpo de xestión procesual e administrativa aprobados no ámbito de Galicia no proceso selectivo convocado pola Orde XUS/2370/2011, nomeados funcionarios en prácticas, para que se presenten na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ás 10.00 horas do día 17 de setembro, nos termos que determina a Orde do Ministerio de Xustiza, para o desenvolvemento da fase teórica do curso selectivo